Movistar chega coa súa fibra ópica ao 96% da poboación de Santiago e ao 84% da de Lugo

movistar

Segue a ofensiva de Movistar coa fibra óptica en Galiza, e aos anuncios que se foron producindo nas últimas semanas temos que sumar dous novos: o significativo aumento da cobertura en Santiago de Compostela e Lugo.

Algo máis de 37.800 vivendas de Santiago e  arredor de 15.500 de Lugo dispoñen xa de cobertura de fibra óptica de Movistar, o que supón o 96% da poboación santiaguesa e un 84% no caso de Lugo. Grazas a esta tecnoloxía, os clientes de Movistar poden conectarse a 100 Mbps, que serán aumentados de xeito gratuíto a 300 Mbps nas próximas semanas.

Até o momento Movistar dispón de cobertura FTTH en 330.284 vivendas e zonas industriais das cidades galegas, a excepción de Ferrol. A previsión é rematar o ano chegando ás 425.287 unidades inmobiliarias.

Sobre o autor

Reply