Vimos de coñecer as especifiacións completas dos novos terminais da familia BQ: os Aquaris M. Atoparemos 3 tamaños diferentes e cada un deles conta con diferentes configuracións que se ven resumidas na seguinte captura:
Máis polo miúdo, destacamos que o Aquaris M4.5 leva un procesador Mediatek de catro núcleos a 1 Ghz e o seu reducido preso, só 115,5 gramos. A súa batería é de 2470 mAh e monta un sensor de 8 mpx con dual flash.
Pola súa banda, o Aquaris M5 e M5.5 destacan polo seu procesador Qualcomm Snapdragon 615, un octacore a 1,5 Ghz e como GPU a Adreno 405.
Ademáis destas similutedes, diferéncianse no sensor principal que monta cada un, pois malía ser nos dous modelos de 13 mpx, no caso o Aquaris 5 é o Sony IMX214 e para o Aquaris M5.5 leva un Samsung S5K3M2.
Como vemos, temos até 9 posíbeis opcións de configuración para tentar satisfacer a todas as usuarias o que sempre é de agrader. O primeiro en sair á venta será o M5 o próximo mes de xullo, e posteriromente o M4.5 e o M5.5. por un prezo que van dende os 169,90 euros até os 339,90 euros.
Nesta ligazón tedes máis información da nova familia BQ