Huawei Watch no mercado o próximo setembro
Tivo que ser a división de Huawei en Alemaña a que publicara no seu blogue a nova data de lanzamento: setembro, o que súpon un importante retraso dende que se anunciara no MWC15. Ademáis o seu prezo será de 399€ para o país xermano, prezo que agardamos que sexa moi similar no resto de Europa.
Masmóvil terá acceso ás redes 4G do seu proveedor, Orange
Logo de moitos problemas, as OMV’s comezan a recibir as velocidades 4G para ofrecelas ás súas clientas. Desta volta é a quenda de Masmóvil que ven de anunciar que contará con estas velocidades e todo apunta que a data será para finais de ano.
Movistar xa ten fibra óptica no 76% de Pontevedra
Movistar continúa cos seu depregamento de fibra óptica levándoa ao 76% da poboación de Pontevedra: 6700 vivendas de Pontevedra (62.500 persoas) disfrutan dos 100 megas, que además serán ampliábeis a 300 de forma gratuíta nas próximas semanas.
Google Drive xa permite subir ou baixar varios arquivos ao mesmo tempo
Nunha vindeira actualiazación, Google Drive vai permitirnos subir ou descargar da nube máis dun arquivo ao mesmo tempo algo máis ca necesario nestes días e ca que non cantabamos. Se usades esta app ficade atentos á actualización v.2.2.23 que será que inclúa esta importante novidade.