https://youtu.be/jyIU1LZhXfw
Logo de moitos meses cheos de rumores por fin se presentou dun xeito oficial o Honor 7. Como principais características detacamos:
HONOR 7 | |
Polgadas/Resolución | 5,2 / 1080 x 1920 |
Procesador | Kirin 935 a 4 x 1,5 Ghz e 4 x 2,2 Ghz |
RAM | 3 gigas |
ROM | 16 / 64 gigas |
Batería | 3100 mAh |
Cámaras | 20 mpx / 8 mpx |
Versión de Android | Lollipop 5.0, personalizado con Emotion UI 3.1 |
As principais novidades este terminal son o novo procesador de 64 bits da compañía chinesa o Kirin 935 de oito núcleos. Ademáis temos que ter en conta a aposta por unha pantalla FullHD de 5,2″ sen dar o salto ás pantallas QHD para que sen renunciar a unha boa calidade de imaxe, axustar ao máximo o consumo enerxético. Outra característica destacábel deste Honor 7 é a presenza dun lector de pegadas datilares na parte posterior do terminal.
Así mesmo, o sensor da cámara principal chega da man de Sony, sendo o elixido o IMX230 e a lente estará protexida por cristal de zafiro. Outra evolución respeto ao modelo anteror é o acabado metálico en todo o terminal e dispoñíbel en tres cores: ouro, prata e gris.
Logo desta presentación todo apunta a que será un terminal a ter moi en conta, pois chega para xogar na gama alta, cunha vantaxa importante: o seu se prezo moi axustado. Atoparemos as unidades de 16 gigas en 290€ e 360€ para a configuración de 64 gigas e LTE. Polo de agora non hai información confirmada sobre a chegada do Honor 7 a Europa.