Wiko Sunset 2, un básico por 59 €

wiko sunset 2

Wiko vén de anunciar o seu Sunset 2, un dispositivo de prestacións modestas e prezo moi axustado, pois tan só custa 59 euros.

Vén cunha pantalla de 4 polgadas e resolución 480×800 píxeles e no seu interior integra un procesador dual core Cortex A7 a 1,3 GHz, acompañado de 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD noutros 64 GB extra. A cámara principal é de 2 megapíxeles con flash LED, mentres que a frontal fica nos 1,3 megapíxeles.

A súa batería é de 1300 mAh e dispón de capacidade dual SIM para poder usar dúas liñas ao mesmo tempo. Vén con Android 4.4 KitKat, que non é a última versión dispoñíbel, nin se vai actualizar.

Está dispoñíbel en 4 cores (negro, branco, turquesa e coral) e xa se pode mercar nos puntos habituais por 59 euros.

 

Sobre o autor

Reply