O Innjoo One ponse á venda no noso país por 199 euros

one_overview11

Tras uns meses de espera, o Innjoo One ponse á venda no noso país, onde xa o podemos mercar por 199 euros, un prezo moi acaído para un dispositivo moi equilibrado en canto a prestacións e deseño.

one_overview1

O primeiro trebello desta marca con sé en Dubai incorpora unha pantalla de 5 polgadas protexida con DragonTrail X Glass, unha solución semellante ao coñecido Gorilla Glass para protexela de rabuñadas e pequenos golpes. No interior atopamos un procesador de 8 núcleos (MediaTek MT6592) a 1,4 GHz, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, que poden ser ampliados por microSD de até 64 GB.

one_overview17

No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles con f/2.0, mentres que a frontal ten 5 Mpx e apertura f/2.4. Dispón de espazo para dúas tarxetas SIM para podermos empregar dúas liñas móbiles a un tempo e a súa batería é de 2600 mAh, unha capacidade que se sitúa na media para un dispositivo do seu tamaño.

Como diciamos ao comezo, xa se pode mercar no noso país por 199 €. Vén de fábrica con Android 4.4 KitKat, aínda que en breve recibirá a OTA de Android 5.0 Lollipop, algo a ter en conta.

Sobre o autor

One Response

  1. Esteban 4 Xullo, 2015 Responder

Reply