Mininovas Android: a malla da semana

O Nexus 6 a 419,99€… até que volveu subir

nexus 6 rabaixa

Esta semana Google sorprendeunos cunha rebaixa importa no prezo do seu smartphone de referencia; o Nexus 6 de 32 GB, situándo 419,99 € (464,99 € o modelo de 64 GB). Porén, pouco durou a alegría, pois volveu subir até situarse nos 499 € (32 GB) e 549 € (64 GB).

Moto X e Moto G de primeira xeración actualízanse a Lollipop 5.1

motorola lenovo

No noso país xa se están actualizando os Moto X de 2013 vía OTA, polo que se sodes posuidoras dunha unidade será cuestión de horas que recibades a vosa actualización. No caso dos Moto G de primeira xeración haberá que agardar un pouco, pero un directivo da compañía confirmou que chegaría a estes modelos en vindeiras datas.

Hangoust 4 renovarase por completo

hangouts 4

Esta semana comecimos os primeiros rumores sobre o que traerá Hangouts 4.0. Terá unha renovación profunda a nível estetíco seguindo o estilo de Material Design. Ademáis nesta nova versión será máis doado introducir todo tipo de arquivos nos nosos chats.

O roaming desaparecerá no ano 2017

roaming free

Levamos anos lendo novas deste tema, pero nada. Nunca pasa nada o lobby das telecomunicacións é poderoso e conta con capacidade de influir nas leis tanto locais coma europeas. Malia todo, estes días recibimos novamente información deste tema a cal dicía que as tarifas roaming na UE desaparecerán en xuño de 2017. Pola nosa parte non somos nada optimistas máis o tempo dará e quitará razóns.

CyanogenMod presenta o seu novo navegador

cyanogen

CyanogenMod é a rom non oficial máis recoñecida polas usuarias. Polo tanto, este bo nome que ten na comunidade só e froito do bo traballo que hai detrás e para manter isto, non poden ficar parados. Por iso, esta semana presentaron o seu novo navegador Gello que promete ser moi rápido é personalizábel. Polo de agora non hai moita información sobre o seu lanzamento, pero o que si se sabe é que poderá ser instalado en calquera terminal Android compatíbel teña ou non CyanogenMod.

AC/DC compartiu a súa discografía en Spotify e Play Music

acdc

As seguidoras de AC/DC están de noraboa. Desde agora mesmo, tedes os 15 albumes da mítica banda australiana tanto en Spotify coma en Play Music. Pouco a pouco vanse dando conta de que o camiño a seguir xa non está nos soportes físicos e con estes movementos gañamos todos.

LG e as súas baterías hexagonais

LG hexagonal battery

Si, esta é a forma que LG decidiu que era mellor para os seus smartwhatches. Con esta forma, aseguran que poden meter até un 25% máis de capacidade e así mellorar a autonomía dos reloxos.

Google Earth pon os seus ollos na ría de Arousa

bateas google earth

Este recoñecido servizo de Google cumpre 10 anos e para celebralo creou unha galería con 1500 imaxes de todo o mundo. Unha destas imaxes é das bateas da ría de Arousa que ademáis podemos descargar en alta resolución. Sen dúbida é algo a destacar porque da a coñecer a nosa terra e non deixa de ser unha axuda para fomentar o turismo. Podedes velas todas nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply