Facturas confusas, letra pequena ou abuso das operadoras?

Desta volta queremos compartir con vós unha achega que nos trouxo esta semana unha lectora. No seu caso, ten contratado Fusión TV Fútbol de Movistar. Entre todos os puntos do contrato, destacamos un: o minutos de chamadas a móbiles dende o fixo.

movistar tarifas 01

Como vedes na captura, na web (cando contratades este mismo paquete) pon que tedes 550 minutos pero… como se reparten? Segundo di a factura que lle chegou á nosa lectora, disque se reparten así:

movistar tarifas 03

Na captura vedes que pon:

  • De Luns a Domingo: 50 minutos
  • De Sábado a Domingo: 500 minutos

E isto que significa: que primeiro gastamos todos os 50 minutos consumibles durante os 7 días da semana e logo comezamos a gastar, só nas fins de semana, os outros 500 minutos? Con esta fórmula, se temos consumo semanal, tería un custo extra.

Como vos diciamos ao principio, todo é moi confuso. O certo é que cando vemos o desglose de chamadas, vemos que non se consume así, se non que os 50 minutos só se van gastando se facemos chamadas semanais e os outros 500 para consumos durante a fin de semana, que é o lóxico.

Se facemos contas, sobre o mesmo punto atopamos que a través de vías oficiais recibimos 3 mensaxes como pouco contradictorias. Tan complicado é achegarlle á usuaria do servizo información clara e sinxela?

E vós, tedes este tipo de problemas coa vosa empresa de telecomunicacións?

Sobre o autor

Reply