Vimos de coñecer unha aplicación que pode que sexa de interese para as persoas con mascotas na casa. Falamos de Tindog, unha ferramenta que nace baixo o paraugas da popular Tinder, que para aquelas persoas que non a coñezan é a rede social que pon en contacto a xente con “intereses comúns”; no caso de Tindog, o punto en común son os nosos animais.
A aplicación é ben doada de manexar: só temos que completar un sinxelo cuestionario con datos da persoa e da mascota e a aplicación por si mesma encargarase de achegarnos perfiles doutras usuarias no radio que decidamos até 160 km da nosa localización.
Como vedes, é unha aplicación coa que por en contacto persoas que comparten o seu amor polos animais e a partir de aquí podemos quedar con outras usuarias da aplicación, intercambiar consellos para o coidado das mascotas…. e lo que surja.
E vós, xa usades Tindog? Se non é así nesta ligazón podedes descargala de balde.