Vodafone vén de anunciar novidades na súa oferta converxente Vodafone One, incluíndo 4 velocidades de banda larga fixa e máis datos polo mesmo prezo ou pequenos axustes , dependendo da modalidade.
Os novos clientes da compañía poderán escoller 300, 120 ou 50 Mbps con fibra ou 30 Mbps por VDSL, desaparendo as opción de 60 ou 200 Mbps que existían até o de agora. Ademais, en móbil os volumes de Vodafone One M e Vodafone One L increméntanse en 1 GB, chegando aos 3 ou 5 GB respectivamente.
Todos os paquetes inclúen chamadas ilimitadas a fixos, 60 a móbiles e acceso á rede WiFi en mobilidade a través dos puntos dispoñíbeis por todo o territorio.
Na seguinte táboa podedes consultar todos os cambios
VODAFONE ONE | ||||
One S
Móbil: 200 min. 1 GB |
One M
Móbil: Min. ilimitados 3GB (1 GB máis ca antes) |
One L
Móbil: Min ilimitados 5GB (1 GB máis ca antes)* |
Fixos nacionais ilimitados e 60 min/mes a móbiles de calquera operador nacional | |
300 Mb
30 Mb suba |
59€ | 71€ | 83€ | |
ANTES 200Mb | 61€ | 72€ | 83€ | |
120 Mb
12 Mb suba |
55€ | 67€ | 79€ | |
ANTES 120Mb | 55€ | 66€ | 77€ | |
50 Mb
5 Mb suba |
47€ | 59€ | 71€ | |
ANTES 60Mb | 49€ | 60€ | 71€ | |
INTERNET até 30 Mb | 43€ | 55€ | 67€ | |
ANTES | 43€ | 54€ | 65€ | |
Vodafone TV Esencial | +12€
|
+6€
|
Incluido | |
Vodafone TV Extra | +18€ | +12€ | +6€ |
Só fibra ou VDSL
Que non precise móbil terá un prezo vantaxoso durante os 12 primeiros meses. Por poñer un par de exemplos, Internet 30 Mbps custará 36,05 €/mes (logo da promo 43 €/mes) e Fibra Ono 300 Mbps 51,05 €/mes (logo 59 €/mes).
Segundas liñas
Con Vodafone One pódense contratar liñas adicionais coas modalidades +Líneas (segundas liñas) y +Líneas Compartidas (só con One M y One L). O plan +Líneas L inclúe 1GB máis ao mes, tanto para novos como actuáis clientes, pasando de 4 a 5 GB.
+ LÍNEAS | |||
+ Líneas Mini | 9€/mes | 0 cént./min
12 cént./SMS |
800 MB
|
+ Líneas S | 12€/mes | 200 min
12 cént./SMS |
1 GB
|
+ Líneas M | 23€/mes | Llamadas y SMS Ilimitados | 2 GB
|
+ Líneas L | 34€/mes | Llamadas y SMS Ilimitados | 5 GB
|
+ LÍNEAS COMPARTIDAS | |||
+ Líneas Compartidas | 17€/mes | Minutos y SMS Ilimitados | Datos
Compartidos |
Promoción de verán
Ademais de todas estas novidades, Vodafone dá conta da súa promoción de verán, que permite a todos os clientes dobrar os servizos contratados (minutos e datos) entre o 15 de xullo e o 31 de agosto por 2 €. Pódese activar chamando ao 1444.