CloudPlayer: o reproductor de música que bebe da nosa nube

Hoxe queremos compartir con vós unha interesante app para reproducir música que teñamos almacenada tanto no noso terminal coma na nube, que se chama CloudPlayer.

CloudPlayer 04

CloudPlayer 02

Si, esta é unhas das principais características: bebe da nube. A idea é sinxela; sincronizamos CloudPlayer coas nosas contas que tanto poden ser de Dropbox, Drive coma OneDrive e unha vez feito dende a app poderemos reproducir a música acó aloxada en móbiles ou tabletas Android.

CloudPlayer 01

Como non pode ser doutro xeito, ten funcións básicas que agardamos en calquera reproductor: podemos organizar a música por artista, canción, álbumes, ecualizador,… A demáis de ter un botón que se o activamos, CloudPlayer só nos amosará as cancións que temos na memoria do noso terminal para así aforrar no consumo de datos. Isto é importante, pois non hai que esquencer que a app o que fai é un streaming de música polo que o consumo de datos pode chegar a ser importante se non estamos conectados a unha wifi.

CloudPlayer 03

Debemos sinalar que hai dúas versións de CloudPlayer: unha de balde e outra de pago. Na de pago, atoparémosnos con que podemos conectar a app con Chromecast e AirPlay, e así as posibilidades da app aumentan moito.

Como vedes é unha app sinxela coa que temos cuberta unha necesidade: reproducir a música almacenada en diferentes nubes, ademáis da aloxada na memoria dos terminais. Se tedes interese en probala só tedes que premer nesta ligazón, pois está dispoñíbel na Play Store.

Sobre o autor

Reply