Movistar completa o despregamento do 4G en Ourense

movistar
Movistar vén de anunciar que desde hoxe todas as rúas e barrios de Ourense teñen cobertura 4G, logo dos traballos de adaptación de 12 estacións base urbanas que até o de agora traballaban unicamente con redes 2G e 3G.
Con esta mellora, a clientela da compañía pode conectarse a velocidades de até 100 megas a través do móbil na rúa, sempre e cando dispoñan dun smartphone compatíbel con esta tecnoloxía.
Ademais de adaptar as antenas para o 4G, Movistar conectou as estacións base coa súa rede de fibra óptica, que mellora a transmisión de datos e permite aumentar a capacidade ou tráfico en situación de alta demanda.

Sobre o autor

No Responses

Reply