De seguro que algunha que outra vez quedastes sen batería nun momento inoportuno e vos enfadastes co mundo pero… ao nível desta rapaza? Segundo parece, a tipiña quedou sen móbil (ou sen batería?) cando menos o desexaba e liouna como podedes ver no vídeo. Ocorreu no metro de Hong Kong e o vídeo estase facendo bastante viral.
Víchedes algo parecido anteriormente?
Como di miña nai: a esta de pequena non lle deron azoutes suficientes…
Tristemente é mais común do que parece… Coñezo xente que por quedar sen batería no móvil mudan de comportamento e poñense apáticos, como se a xente lle tivera culpa de todo e non se poideran evadir poñendoos a caldo no facebook…
E a min que me berran por telo sempre apagado hahaha
Non me gusta xulgar sen coñecer toda a historia. Imaxinade que acabades de recibir unha moi mala nova e non podedes seguir en contacto para saber que pasou, ou que estades a punto de perder unha gran oportunidade por non poder contestar unha chamada. Non colleríades vos tamén unha boa perrencha?
Saudos!