Woxter vén de anunciar unha nova tablet para a campaña de verán, o colorido modelo QX 103, que ten no prezo o seu maior atractivo: só custa 99 euros.
As súas especificacións son modestas, aínda que para o prezo que ten semella que o tema está bastante axustado. Vén con Android 4.4.2 (KitKat) e un procesador Quad Core Cortex A7 de 1,5 GHz, acompañado por 1 GB de memoria RAM.
A súa pantalla é un panel capacitivo de 10,1 polgadas e 10 puntos de contacto cunha resolución de 1024 x 600 píxeles e formato 16:9. Ademais do GB de RAM, dispón de 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD con até 32 GB extra a tavés do seu lector de tarxetas microSD. Ten dúas cámaras (traseira de 2 Mpx e frontal VGA) e porto USB OTG, que permite conectar dispositivos externos de maneira sinxela.
A nova Woxter QX 103 está dispoñíbel en catro cores diferentes (negro, azul, rosa e verde). Ademais dispón de catro fundas que se adaptan perfectamente ao trebello, tamén dispoñíbeis nas mesmas cores.