Pedigree Tracks, o “Endomondo” para cans

Quen teña animais na casa de seguro ten oído falar de Pedigree, unha das marcas máis recoñecidas e valoradas de alimentación canina. A compañía vén de dar un xiro á súa aposta comercial co lanzamento dunha aplicación no mercado inglés, Pedigree Tracks, que se pode complementar cun accesorio (colar) para servirnos de xestor da alimentación e actividade do noso can, de maneira semellante ao que fai Endomondo.

Introducindo os datos do animal para crearlle un perfil (raza, tamaño, idade…), ofreceranos un menú saudábel para a nosa mascota (obviamente, con produtos da marca), para evitar que coma máis do que precisa.

No apartado de exercicio poderase marcar manualmente (ou a través de accesorios) a actividade realizada polo can, como o tempo de paseo, xogo ou calquera outra actividade física que poidamos considerar, axudando a que o noso animal estea nas mellores condicións posíbeis.

Que vos parecen este tipo de iniciativas?

Sobre o autor

Reply