R, Telecable e Euskaltel estarían preparándose para ofrecerse a Vodafone

r telecable vodafone euskaltel

A consolidación do mercado das telecos esta en marcha, e supón un regreso aos ‘tempos de antes’, cun puñado de empresas grandes que manexan as comunicacións dun gran número de clientes a costa de eliminar a competencia.

Os últimos grandes movementos foron a compra de Ono por parte de Vodafone e, máis recentemente, a de Jazztel por parte de Orange. A primeira supuxo que Vodafone teña agora unha ampla rede de fibra óptica en todo o territorio do Estado agás en Galiza, Euskadi e Asturies, onde o mercado de banda larga fixa está dominado polos cableiros rexionais. Para Orange, facerse con Jazztel supón adiantar a Vodafone e converterse no segundo operador algo que, imaxinamos, a Vodafone non lle chista moito.

R, Telecable e Euskaltel suman unha facturación anual de 685 millóns de euros e 850.000 clientes, e semella que hai sinxerias que apuntan a posíbeis compras entre elas. A saída a bolsa de Euskatel non foi máis que o punto de partida para que os fondos de inversión donos da empresa colleran liquidez, o que lles permitiría facerse coa asturiana Telecable, que ten colgado un fermoso cartel de venda. Pola súa banda, CVC, o fondo que controla R, tamén estaría interesado en facerse con Telecable e quizais integrar ambas compañías para facelas máis fortes, polo que en breve podería comezar o baile de ofertas.

O que parece seguro é que sexa quen sexa quen se faga con Telecable, o resultado a medio prazo vai ser unha fusión das tres compañías, que xuntas serían un apetitoso xoguete para Orange ou Vodafone, ambas cunha presenza residual na banda larga fixa nestes territorios. Se temos en conta que tanto R como Telecable teñen a Vodafone como socio proveedor de rede móbil, deixar escapar o conxunto de cableiros suporíalle á compañía británica perder medio millón de clientes da súa rede de móbil, e o que é peor, perder o retorno de inversión en rede que fixeron para dar cobertura a tal número de clientes (caso de Galiza, onde a rede de Vodafone soporta a primeira e terceira compañía móbil en número de clientes).

Por todo isto, que as cableiras do norte están preparándose para ser absorvidas por Vodafone dáse por feito, sendo a pregunta do millón o “cando”. Certas fontes apuntan a que podería ser no 2016, aínda que non podemos deixar de lado a outra posibilidade, moito menos probábel e quizais algo ilusa: que todo quede como está.

Vós que pensades?

Vía – Imaxe

Sobre o autor

2 Comments

  1. Hari 17 Xullo, 2015 Responder
  2. Roi 17 Xullo, 2015 Responder

Reply