LG vén de anunciar un novo terminal que supón a renovación da gama de entrada; trátase do LG Bello II, un dispositivo que actualiza lixeiramente as características do seu predecesor e que chegará este mesmo mes a varios países de América Latina, aínda que aquí faráo logo do verán.
O trebello integra unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles. No interior atopamos un procesador MediaTek MT6582 de catro núcleos a 1,3 GHz, acompañado de 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD).
A batería é de 2540 mAh, abonda para que supere o día de uso sen maiores complicacións, e as cámaras son de 8 e 5 megapíxeles para traseira e frontal, respectivamente. En canto a software, emprega Android 5.1.1 Lollipop, personalizado coa capa habitual de LG.
Como diciamos ao comezo, até o último trimestre do ano non chegará ao noso país, polo que tampouco saberemos até ese momento o prezo que terá, aínda que será semellante ao actual (menos de 150 euros).