Sherpa Next xa está dispoñíbel: así é o novo asistente para o teu Android

sherpa next

Faltan dedos para contar os asistentes para o smartphone, aínda que os máis coñecidos son Google Now, Siri (iOS) e Cortana (Windows, en breve tamén Android). Porén, hoxe toca falar de Sherpa, o asistente creado en Euskadi, que presenta una versión renovada e moi mellorada, Sherpa Next, que xa fora anunciada hai uns meses.

Sherpa Next mantén as funcionalidades da versión anterior, mais engadindo un maior nível en contidos e predición do que, como usuarias, poderemos necesitar. A outra gran novidade é de deseño, onde apostan polas tarxetas que tanto nos gustan deste tipo de apps, como Google Now.

sherpa

Sherpa emprega un algoritmo preditivo máis preciso no local que Google Now ou Siri, o que permite amosar resultados moito máis adaptados ás usuarias. Dispón dun sistema de intelixencia artificial que aprende continuamente da usuaria, de tal xeito que se nos gusta un estilo de música ou un equipo deportivo teremos información sen tan sequera ter que buscala.

Por outra banda, Next aposta pola información local, xa non só de espectáculos ou filmes no cinema do noso gusto, senón tamén de feiras e mercadillos que se poidan celebrar ao noso arredor sobre temas que nos interesen.

O atractivo de deseño completa a listaxe de novidades de Sherpa Next, empregando as tarxetas de xeito semellante a una baralla de cartas, e personalizando estas con imaxes que axuden a identificar de que se trata, como podería ser o cartel se se trata dun filme.

Podemos descargar Sherpa Next gratuitamente desde a Play Store:

Usades este tipo de servizos?

Sobre o autor

Reply