Os aparcadoiros do futuro melloran o que nos amosaron as pelis de ciencia ficción

Pode a realidade á ficción? Semella que en moitos ámbitos non so é posíbel, senón que ademáis ocurrirá antes do que nos podemos imaxinar.

Os coches que aparcan sós xa están entre nós e varias marcas comercializan modelos que realizan esta operación, mesmo nas gamas máis baixas. Porén, a chegada dos coches autónomos como o modelo de Google e outros proxectos semellantes favorecerá que este eido mellore aínda máis, e por iso teñen sentido proxectos como V-Charge.

Un conclomerado de fabricantes e universidades, entre os que destacan Volkswagen e Bosh, forman parte deste proxecto que aspira a que poidamos esquecernos de aparcar. A idea xira arredor de modernizar os aparcadoiros públicos, como os que podemos atopar nun centro comercial, para que deixar o coche fose tan sinxelo como baixarse del na porta e esquecerse del até que quixéramos recollelo.

v-charge

No caso de dispormos dun vehículo eléctrico, a través dunha aplicación no noso móvil poderíamos indicarlle que queremos que se cargue, de tal xeito que o noso coche iría primeiro a una zona de prazas con base de carga inductiva e, cando estivese listo, a outra de estacionamento normal.

Para facer isto posíbel é preciso que tanto o aparcadoiro coma o vehículo dispoñan de cámaras e sensores que se poidan comunicar. Ademais, ante a ausencia de sinal GPS no interior, o coche descargaría un mapa para situarse, evitando posíbeis accidentes.

Se aparcar con este novo sistema é doado, des-aparcar non ía ser menos: cando queiramos recoller o coche unicamente temos que ir á zona habilitada de recollida e chamar por el para que veña recollernos.

Visto isto, o de Kitt tampouco era para tanto, non?

Vía

Sobre o autor

Reply