A tarifa Sinfín de Yoigo deixará de comercializarse o 3 de setembro

yoigo

No habitual almorzo informativo do MWC deste ano Yoigo fixo un dos anuncios máis destacados en canto a tarifas de móbil dos últimos anos: a tarifa Sinfín, que por 29 €/mes ofrece chamadas ilimitadas e 20 GB de navegación en 4G, unha cantidade que podemos considerar case ilimitada, se temos en conta que a meirande parte das usuarias teñen contratados bonos de menos de 2 GB.

Segundo informa Expansión, e malia que a compañía foi prorrogando promocionalmente esta tarifa, a partir do 3 de setembro non se poderá seguir contratando, aínda que aquelas persoas que nesa data xa a teñan seguirán a disfrutar da mesma indefinidamente.

Con este movemento, o catálogo de tarifas desta compañía perde a máis competitiva delas, aínda que imaxinamos que non tardaremos en ver outras solucións semellantes, xa que foi a mesma compañía quen un ano antes de lanzar a Sinfín achegou unha tarifa con 5 GB por 19 €, que aínda mantén.

Sobre o autor

Reply