Unha empresa británica, e non Euskaltel, estaría a piques de mercar Telecable

telecable

Segue a telenovela das cableiras. Tras a compra de R por parte de Euskaltel, e tendo en conta que Caryle, o fondo de inversión que controla Telecable, ampliou o prazo ao 24 de xullo para esperar pola oferta da compañía vasca, dábase por feito a adquisión por parte desta.

Porén, segundo informa o xornal asturiano La Nueva España, un novo xogador entraría en escena: a británica Zegona, unha compañía liderada por dous executivos de Virgin, Eamonn O’Hare e Robert Samuelson.

Semella que esta compañía tería feito a mellor oferta por Telecable cunha cifra que rondaría os 650 millóns de euros que garantirían que, polo menos de momento, a empresa quedaría fóra dese gran grupo cableiro do norte que aspiraba a unir a R, Euskaltel e Telecable.

Telecable era a única das cableiras que tiña colgado o cartel de venda desde hai meses, a diferenza de R, cuxa compra foi toda unha sorpresa. Precisamente R, xunto a Euskaltel e Vodafone, era unha das compañías que aspiraban a facerse co control da compañía asturiana.

A falta de que esta noticia sexa confirmada oficialmente, de ser finalmente certa estaríamos ante o escenario máis complicado de todos os que poderían terse producido neste proceso de consolidación.

Sobre o autor

Reply