Caterpillar S40, o novo todoterreo de CAT

cat s40

Caterpillar (CAT) leva xa uns anos traballando con terminais Android todoterreo, smartphones preparados para resistir en condicións extremas e que son a ferramenta perfecta para as máis aventureiras ou persoal con traballos perigosos.

O trebello que presentan para este ano, o Caterpillar S40, segue esa mesma liña de aguantalo (case) todo, mais coa necesaria actualización de características técnicas. Dispón da certificación IP68 que garante a resistencia ao pó, caídas, auga (inmersión a 1,8 metros de profundidade durante 60 minutos) e temperaturas extremas (de -25 a 55 graos), así como tamén a Military Standard 810G, que o fai acaído para usar en operacións militares.

cat s40 - 2

Dispón dunha pantalla de 4,7 polgadas con resolución 960 x 540 píxeles e Super Bright Display, que proporciona gran cantidade de brillo para cando se traballe en condicións de alta luminosidade. O panel tamén ten a protección Gorilla Glass 4.

Xa no interior atopamos un procesador Qualcomm Snapdragon 210, catro núcleos a 1,1 GHz. Está acompañado de 1 GB de memoria RAM e 16 GB de almacenaxe interna. As cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e a súa batería de 3000 mAh, que din aguanta 18 horas en fabricación e 29 días en repouso (aínda que isto habería que velo). En canto a sistema operativo, traballa con Android 5.1 Lollipop.

Desde o primeiro de agosto xa se pode mercar en máis de 60 países por uns 550 euros.

Sobre o autor

Reply