Os Nexus actualizaranse mensualmente durante 3 anos

saga nexus

Os trebellos da saga Nexus sempre se caracterizaron por unha boa política de actualizacións, mais o que agora plantexa Google é algo mellor: a partir desta semana recibirán actualizacións vía OTA cada mes, centrándose principalmente na seguridade.

Os primeiros en beneficiarse desta novidade son os Nexus 4, Nexus 5, Nexus 6, Nexus 7, Nexus 9, Nexus 10 e Nexus Player, que recibirán a actualización que soluciona a a vulnerabilidade do Stagefright, que ataca a través dun MMS.

Mais se cadra o máis importante é o anuncio de que os Nexus terán garantidas as actualizacións de sistema durante, cando menos, dous anos; no caso de actualizacións de seguridade, estas faranse até 3 anos despois do lanzamento dos dipositivos.

Con este movemento Google pretende que os Nexus sexan os dispositivos Android máis seguros, o que sen dúbida é un gran valor engadido nun momento de tanta competencia entre fabricantes, modelos e sistemas operativos.

Sobre o autor

Reply