Ulefone Be Touch 2, outra alternativa chinesa a prezo razonábel

ulefone be touch 2 - 2

A popularización de empresas como Xiaomi, Oppo ou OnePlus, por non falar da exitosa Huawei (e a súa marca descafeinada, Honor), está a mudar a nosa percepción do mercado e tecnoloxía chinesa, tradicionalmente ligada a produtos de mala calidade.

Hoxe queremos falarvos dun trebello que está a dar bastante que falar, o Ulefone Be Touch 2. Trátase dun exemplo máis de dispositivo que combina unhas prestacións de gama media – alta e un prezo moi axustado desde a perspectiva europea.

ulefone be touch 2 - 1

Incorpora unha pantalla FHD de 5,5 polgadas con protección Corning Gorilla Glass 3 e a súa cámara principal é un sensor fabricado por Sony (Sony IMX214) de 13 megapíxeles, con autofocus e flash LED; a frontal é de 5 megapíxeles. Ademais dispón dun sensor de pegadas dixitais na parte frontal, de maneira que poderemos empregar as formas de pago que, se todo vai segundo o previsto, comezarán a popularizarse a finais de ano.

O procesador é un modelo de MediaTek, concretamente o MTK6752, de oito núcleos a 1,7 GHz, que tamén atopamos noutros terminais de marcas como Elephone ou Lenovo (a dona de Motorola). Vén acompañado por 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, aínda que esta pode ser incrementada en 64 GB extra a través de tarxetas microSD.

Dispón de dous slots para tarxetas SIM (unha microSIM e outra tamaño estándar), e traballa coa meirande parte das bandas de móbil que se empregan no estado español (2G: GSM 850 / 900 / 1800 / 1900 MHz; 3G: WCDMA 850 / 900 / 1900 / 2100 MHz; 4G: FDD-LTE 800 / 1800 / 2100 / 2600 MHz).

O seu deseño, de clara inspiración, caracterízase por ser bastante delgado e dispór de marcos relativamente pequenos. O material escollido para a parte traseira é o plástico, co sensor da cámara sobresaínte.

En canto a software, vén con Android 5.1, na sua versión (practicamente) stock. Apenas hai tampouco aplicacións inútiles instaladas a maiores, algo que moitas usuarias agradecerán.

O Ulefone Be Touch 2 custa 229,99 dólares (apenas 210 €). Podemos atopar o dispositivo sen gastos de envío en Gearbeast. Ademais, en Gearbeast.com dispoñen de varios teléfonos Android de marcas a chinesas a prezos razonábeis, polo que pode ser unha alternativa a considerar á hora de buscar un dispositivo alternativo aos grandes fabricantes.

Sobre o autor

No Responses

Reply