LG Wine Smart: o novo terminal tipo cunha de LG chega a Europa

lg wine smart

Os terminais tipo cuncha seguen sendo moi habituais no mercado asiático. Pola contra, en Europa cada vez son máis anecdóticos e difíciles de atopar, xa non digamos se ademais de querermos un dispositivo tipo cuncha buscamos un terminal intelixente.

Mais agora esta situación está a piques de cambiar, pois LG vén de anunciar que comercializará no vello continente un dos seus últimos trebellos deste estilo, o LG Wine Smart.

O terminal incorpora unha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 420 píxeles. No seu interior ten un procesador Snapdragon 210 de Qualcomm, de catro núcleos a 1,1 GHz, acompañado por 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna.

lg wine smart - 2

A cámara principal é de 3 megapíxeles e a frontal unha VGA. Dispón de 1700 mAh de batería, conectividade LTE e teclado alfanumérico físico como o dos teléfonos tradicionais, un dos seus rasgos máis definitorios.

Como podedes ler, non se trata dun dispositivo que incorpore as especificacións hardware máis avanzadas, pero está claro que tampouco é o que buscan, pois está orientado a un público moi concreto e esquecido pola meirande parte dos fabricantes.

Está previsto que chegue ás tendas a finais de mes por uns 150 euros.

Sobre o autor

Reply