Pornhub Premium: así é o ‘Netflix’ do porno

Pornhub non deixa de innovar, como xa vimos por aquí en máis dunha ocasión. A popular web de contidos para adultos vén de anunciar un novo servizo de suscrición, Pornhub Premium, que por 9,99 dólares ao mes dá acceso sen publicidade a unha chea de contidos multimedia en streaming, unha fórmula semellante á que emprega Netflix.

Entre as peculiaridades deste servizo está o uso da alta definición, con acceso a máis de 13.000 títulos de produtoras como Brazzers ou Reality Kings, que ademais poderanse consumir a través dos trebellos Android coa aplicación oficial.

pornhub

A empresa ofrecerá un período de probas de 7 días, e aseguran a máxima discreción á hora de facturar para que as usuarias non se ruboricen ao ver o cargo na tarxeta bancaria.

Sobre o autor

Reply