Alphabet… a colección de empresas na que o G é de Google

alphabet g google

Acabamos de coñecer que Sundar Pichai será o novo CEO de Google e que os fundadores da compañía do buscador, Larry Page e Sergey Brin, pasan a ser, respectivametne, CEO e Presidente de Alphabet. Pero… que é Alphabet?

Alphabet é, en palabras de Larry Page, unha colección de empresas que xa coñecemos, en grande parte porque algunhas foron adquiridas pola propia Google, que estará á cabeza. O mellor de todo é que estas empresas afástanse da idea orixinal coa que xurdiu Google e engloban temas como a saúde ou a lonxevidade; a idea a medio prazo é que esta listaxe de compañías vaia medrando para crear un completo abecedario de empresas, que polo de agora ten esta composición:

Alphabet (a compañía principal)
B
Calico (compañía que traballa na lonxevidade)
Capital (adicada ao investimento)
D
E
Fiber
Google
H
I
J
K
Life Sciences (relacionada coas lentes de contacto que miden a glucosa)
M
Nest
O
P
Q
R
S
T
U
Ventures (investimento)
W
X lab (incubadora de proxectos)
Y
Z

Podedes visitar a web de Alphabet en https://abc.xyz/

Sobre o autor

Reply