Hangouts 4.0: máis simple, máis rápido e máis fermoso

hangouts 4.0

Para moitas de nós Hangouts, a evolución do defunto Google Talk, é unha aplicación básica nas nosas comunicacións diarias, polo que calquera novidade é recibida con atención e interese.

Google vén de anunciar o lanzamento da versión 4.0, un salto adiante para facela máis simple, máis rápida e máis fermosa, afondando no Material Design do que tanto gostamos. O que fai máis evidente este paso é a existencia dun botón flotante semellante ao que xa teñen case todas as aplicacións de Google para abrir novo chat.

Mais esta non é a única novidade desta versión, que tamén simplifica o xeito de comartir imaxes ou engadir stickers ás conversas, e engade a posibilidade de mandarmos notas de voz desde os nosos reloxos Android Wear, de xeito semellante ás notas de audio do WhatsApp.

É cuestión de tempo que esta actualización chegue aos nosos trebellos para poder disfrutar de todas as novidades. Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply