A CNMC quere que as chamadas aos 902 vaian incluídas nas tarifas planas

numeros 902

Moitas usuarias sorpréndense cando ao comprobar a factura de teléfono atopan que se lles cobran as chamadas aos teléfonos 902, que moitas empresas empregan para ofrecer servizos de atención ao cliente.

Tanto os 902 como outros prefixos derivados (901…, 802…) adoitan usalos as compañías para ter números que resultan máis ou menos doados de lembrar pola xente, de tal maneira que non teñamos que marcar un número fixo aleatorio estándar, menos amigábel. Porén, actualmente todas estas chamadas cóbranse á parte na factura, con diferentes tarifas segundo o prefixo concreto e supondo un gasto extra para as usuarias, que se ven obrigadas a ter que pagar ou navegar a través dalgunha das wikis nas que se poden atopar moitos números fixos equivalentes aos 902.

A Comisión Nacional do Mercado e da Competencia (CNMC) plantaxe agora un cambio na regulación que, atendendo a que son números de atención ao cliente, computaría as chamadas aos 902 dentro das tarifas planas de chamadas, como se fosen un número fixo máis. Ademais, pretenden que os números 907, 70Y, 908 e 909 queden sen rangos de tarificación adicional.

Estes movementos axudarían sen dúbida a reducir as queixas das usuarias por uns prezos abusivos nestas chamadas, que poden supór importantes cuantías e unha desagradábels sorpresa na factura telefónica.

Sobre o autor

Reply