Sundar Pichai, novo CEO de Google

sundar pichai mwc15

Gran movemento en Google. O cofundador da compañía Larry Page vén de anunciar que Sundar Pichai, até o de agora Vicepresidente de Google e responsábel de Android e Chrome, será o novo CEO de Google.

Pola súa banda, Larry Page pasará a ser o CEO de Alphabet, estando acompañado por Sergey Brin (o outro cofundador de Google) no papel de Presidente de Alphabet.

Alphabet é a compañía fundada por Larry Page a partir de varias empresas (Google, X Lab e Calico) para traballar coa biotecnoloxía, aínda que non se coñecen moitos máis detalles da mesma.

Máis info

Sobre o autor

Reply