En máis dunha ocasión escoitamos aquilo de que debemos beber “X” litros de auga ao día por temas de saúde, aínda que a cantidade muda dependendo de onde busquemos a información ou a quen consultemos.
Nesta época na que comprobamos e cuantificamos practicamente toda a nosa vida sorpéndennos todo tipo de gadgets, como a nova Thermos Smart Lid, unha botella para a auga intelixente en moitos sentidos.
O primeiro, e quizais máis obvio, é a súa función térmica (do termo de toda a vida), mais sen dúbida o que chama a atención é o seu cristal, que se ilumina en diferentes cores para alertarnos de varios eventos, como que a auga está fría ou que o líquido vaise esgotando e precisamos reenchela.
Dispón ademais dunha aplicación (polo de agora só para iPhone, aínda que semella que están a traballar nunha versión para Android) que vencella o noso smartphone coa botella a través do Bluetooth, establecendo canto deberíamos beber de cordo coas nosas características físicas.
A botella ronda os 60 dólares, algo máis de 50 euros. Estaríades dispostas a pagar por algo semellante?