“AQuePlaya”, a nova app de 4gotas

Estes días estivemos probando unha nova aplicación coa que podemos buscar aqueles areais que mellor encaixan coas nosas preferencias. Falamos de  AQuePlaya, a última idea de 4gotas.

Con esta aplicación temos a posibilidade de introducir uns parámetros polos que decidimos se queremos unha praia con ou sen vento, con moitas ou poucas ondas, con chiringuito ou sen el, tal e como vemos nas seguintes capturas:

AquePlaya 02

AquePlaya 03

Unha vez metidas na app as nosas preferencias, AQuePlaya amósanos unha listaxe cos areais que encaixan cos nosos gustos até un máximo de 40km de distancia.

AquePlaya 04

AquePlaya 05

O que Temos que ter en conta é que se queremos facer consultas para o día seguinte ou posteriores, temos que acceder ao servizo premium, que custa 0,99€

Podemos descargar AQuePlaya de balde nesta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

No Responses

Reply