Orange agarda chegar ao 85% da poboación co 4G antes de final de ano

antena mobil

En xeral, a extensión da cobertura 4G leva bo ritmo, aínda que con avances desiguais segundo o operador e con Vodafone á cabeza sobre o resto.

Pola súa banda, Orange anunciou recentemente que o 80% da poboación (maioritariamente as grandes cidades, zonas costeiras e lugares de grande afluencia turística) xa pode disfrutar das altas velocidades coa súa rede móbil.

De cara finais de ano a compañía francesa márcase como obxectivo acadar o 85% da poboación, o que vén a ser a totalidade das localidades de máis de 10.000 habitantes. Máis a longo prazo, a previsión coa que traballan é a de chegar ao 95% da poboación a finais de 2017, momento no que cesará (ou se ralentizará) o despregamento.

Sobre o autor

Reply