Samsung anuncia os prezos das Galaxy Tab S2 e o período de precompra

samsung galaxy tab s2- 2

Hai algo menos dun mes Samsung presentou as novas tablets Galaxy Tab S2, e agora veñen de anunciar que a súa comercialización no noso país está prevista para o 3 de setembro, aínda que desde o 14 de agosto (online) ou o 21 de agosto (tendas físicas) xa se pode facer a pre-compra.

As Tab S2 están dispoñíbeis en dous tamaños, 8 e 9,7 polgadas, aínda que en ambos casos con resolucións de 2048 x 1536 píxeles e formato de pantalla 4:3. No interior tamén son moi semellantes, incorporando un procesador Exynos 7420 (octa-core de 64 bits a 1,9 GHz), 3 GB de memoria RAM, 32GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB e cámaras de 8 e 2,1 Mpx. A batería do modelo de 9,7 polgadas é de 5870 mAh, mentres que na de 8 queda nos 4000 mAh.

Os prezos varían segundo o modelo e versión da seguinte maneira:

  • Tab S2 9,7” Wi-Fi: 529 €
  • Tab S2 9,7” 4G: 629 €
  • Tab S2 “ Wi-Fi: 429 €
  • Tab S2 8” 4G: 529 €

Ademais, quen faga a precompra recibirá como agasallo unha funda valorada en 59,90 € (caso da versión de 8 polgadas) ou en 69,90 € (para a versión de 9,7 polgadas).

Sobre o autor

Reply