Así é o novo Xiaomi Redmi Note 2

redmi note 2

Hoxe presentarase de xeito oficial o Redmi Note 2, un novo integrante do portfolio (cada día máis amplo) de Xiaomi, que destaca polo seu interesante hardware cun prezo contido. Imos por pasos.

Especificacións técnicas:

  • Pantalla: 5,5″ FullHD.
  • Procesador: SoC de Mediatek, octa-core HelioX10. 64 bits. A53. Correrá a 2,2 Ghz (versión prime) e a 2 Ghz (versión estándar).
  • RAM: 2GB.
  • Memoria interna: 16GB ó 32 GB máis microSD.
  • Cámara principal: sensor de 13 megapíxeles.
  • Cámara dianteira: sensor de 5 megapíxeles de Omnivision.
  • Batería: 3,020 mAh.
  • Software: Lollipop 5.1.1 personalizado con MIUI 7 que tamén será presentada hoxe.
  • Dimensións e peso: 152 x 76 x 8,25mm, 160 gramos

Como xa é habitual na compañía chinesa, temos dual sim e ademáis contamos coa posibilidade de conexión 4G-LTE, un estándar cada vez máis extendido a día de hoxe. O material elixido para a construcción segue sendo o plástico o que axuda a manter o prezo reducido.

redmi note 2-2

O Redmi Note 2 con 16GB de almacenamento custará uns 125 euros e a versión 32GB atoparémola por 139 euros. Na nosa opinión, tendo en conta a diferenza de prezo, compensa coller a de 32 GB, pois cada día as exixencias de almacenamento aumentan.

En conclusión, este Xiaomi non ten rival se nos fixamos unicamente na relación hardware/prezo, pero teremos que agardar para ver como se integra o software e ver a experiencia de usuario final que temos con este terminal

Sobre o autor

No Responses

Reply