Así evolucionou a familia Galaxy Note desde a súa orixe

galaxy note 5 leak

Samsung presentou onte o Galaxy Note 5, un trebello que supón a maduración desta saga pero que, sorprendentemente, non se porá á venda no noso país. Ou polo menos non está nos plans inmediatos da compañía. O que si que se comercializará no noso país, por 799 / 899 € (dependendo da capacidade da memoria interna) é o Galaxy S6 Edge+, un trebello que integra todas as características do novo Note 5 e a pantalla curvada nos bordes do S6 Edge.

galaxy note 1 - 4

Do Galaxy Note ao Galaxy Note 4

Aproveitando a ocasión quixemos facer unha táboa comparativa cos modelos de todos estes anos, da que a continuación comentaremos varias cousas.

Note Note II Note 3 Note 4 Note 5
Pantalla / Resolución / ppi 5,3″ / 800×1280 / 285 5,5″ / 720×1280 / 267 5,7″ / 1080×1920 / 386 5,7″ / 1440×2560 / 515 5,7” / 2560 x 1440 / 515
Procesador Snapdragon S3 ou Exynos 4210 Exynos 4412 Quad Snapdragon 800 ou Exynos 5 Octa 5420 Snapdragon 805 ou Exynos 5433  Exynos 7 8 núcleos
GPU Adreno 220 o Mali 400MP Mali 400MP4 Adreno 330 o Mali-T628 MP6 Adreno 420 o Mali-T760
RAM 1 GB 2 GB 3 GB 3 GB 4 GB
Memoria 16/32 GB + microSD 16/32/64 GB + microSD 16/32 GB + microSD 32 GB + microSD 32 / 64 GB
Cámaras 8 / 2 Mpx 8 / 2 Mpx 13 / 2 Mpx 16 / 3,7 Mpx 16 / 5 Mpx
Batería 2500 mAh 3100 mAh 3200 mAh 3220 mAh 3000 mAh
Conectividade 4G (modelo Exynos) 4G (modelo Exynos) 4G 4G 4G
Dimensións (mm) 146.9 x 83 x 9.7 151.1 x 80.5 x 9.4 151.2 x 79.2 x 8.3 153.5 x 78.6 x 8.5
Peso 178 gr 183 gr 168 gr 176 gr — gr
Presentación Setembro 2011 Setembro 2012 Setembro 2013 Setembro 2014 13 agosto 2015

Por suposto, o primeiro que chama a atención é a evolución do tamaño da pantalla, estancado nas 5,7 polgadas nos últimos 3 modelos. Semella que neste aspecto Samsung considera que este é o tamaño óptimo para que o dispositivo sexa grande e, ao tempo, manexábel. Curioso é tamén que o primeiro modelo considerábamolo enorme, cando realmente “só” tiña 5,3 polgadas, un tamaño que hoxe é un dos máis habituais.

A evolución tamén é notoria nas cámaras, aínda que nominalmente non haxa grandes saltos de megapíxeles. O traballo de postprocesado das imaxes e a escolla de sensores cada vez mellores está a facer de Samsung un referente fotográfico, como vimos co S6 Edge, que comparte características fotográficas co recén presentado Note 5.

O resto de compoñentes (procesador, capacidade de RAM…) reciben a lóxica renovación de hardware, mais a capacidade da batería non sufre grandes cambios. Habería que probar o trebello para ver como rinde no día a día, mais a priori seméllanos que os 3000 mAh van resultar algo escasos. Iso si, ten carga rápida (tamén inarámica), polo que en certa medida esta eiva pode medio solucionarse.

E vós, sodes de Galaxy Note?

Sobre o autor

Reply