Como sabedes, cada nova versión de Android leva asociado un nome de doce, ordeado por orde alfabética. Para outubro ou novembro está previsto que chegue Android M, a seguinte versión do noso sistema operativo favorito… mais que postre será o elixido?
Uns fenómenos veñen de facer unha pequena peza musical que podedes ver no vídeo que abre o artigo (ou descargar o mp3 desde esta ligazón) na que se preguntan como se chamará Android M: Moon pie, Madeleine, Milkshake, Macaroon, Muffin, Mousse, Mocha…? O único que sabemos é que comezará por M, aínda que <spoiler> todo parece indicar que será Marksmallow</spoiler> 😉