Desde hoxe temos dispoñíbel para todas unha nova actualización na versión web de Google Fotos, o coñecido servizo de Google de almacenamento de fotos na nube e que podemos sincronizar entre disposivos. Agora, desde a web poderemos realizar tres cambios nas nosas fotos ou álbumes:
- Poderemos cambiar a orde das fotos dentro dun álbume: imos a un álbume, prememos no lapis da parte superior e xa podemos mover a foto a onde desexemos.
- Poderemos cambiar a foto da portada do álbume: prememos sobre a foto, logo sobre os tres puntos da parte superior dereita e imos á opción “usar de portada do álbume”.
- Poderemos cambiar data e hora nos metadatos da foto: prememos sobre unha foto e imos ao i de información, abrirase un despregábel á dereita no que podemos modificar data e hora
Polo de agora, estas son todas as novidades do servizo que de seguro co paso dos meses se seguiran completando para ter un servizo máis completo.