Volverá Samsung aos terminais tipo cuncha?

A semana pasada estivo chea de importantes novidades coa presentacións do Galaxy Note e do Galaxy S6 Edge+. Isto non é todo, tamén tivemos coñecemento dun novo terminal, polo de agora orientado ao mercado asiático que destaca tanto por especificacións como polo seu deseño un tanto vintage tipo cuncha.

samsung sm-G9198 02

Este terminal é o Samsung SM-G9198 que leva no seu interior un procesador Snapdragon 808, 2 GB de RAM e 16 GB de alamacenamento interno que se pode ampliar até 128GB mediante microSD. No apartado multimedia destacan as súas cámaras de 16 MPx para a principal e 5 MPx para a secundaria e contamos con dúas pantallas de 3,9″ cada unha de tecnoloxía SuperAMOLED e con calidade HD.

Por outra banda, temos unha batería de 2020 mAh que poderá resultar un pouco xusta para as usuarias máis exixentes, aínda que temos que ter en conta que o uso dun teclado físico reduce enormemente o consumo.

samsung sm-G9198 01

As dimensións do terminal son 120.3 x 61.2 x 16.3mm para un peso total de 204 gramos. Polo que sabemos, o sistema operativo será Android 5.1 e agardamos que teña algún tipo de personalización como a acostuma facer Samsung cos seus terminais.

samsung sm-G9198 03

Hai uns días foi LG quen confirmou a chegada da súa unidade tipo cuncha a Europa e agora Samsung presenta o terminal máis potente con este deseño; significa isto que a medio prazo volveremos a ver de xeito habitual este tipo de terminais? E o máis importante, mercariades un?

Sobre o autor

Reply