Orange vén de poñer en marcha unha nova xeración de fibra óptica chamada XG-PON, que permite aproveitar dunha forma máis eficiente a rede de fibra despregada até o fogar (FTTH), posibilitando velocidades 4 veces maior en baixada (até 1 Gbps) e 2 veces maior en subida.
É unha das moitas posibilidades que ofrecen as conexións de fibra óptica até o fogar, que empregan un medio de transmisión de información extremo a extremo con capacidade virtualmente ilimitada desde o punto de vista físico, o que achega un gran potencial de futuro sen ter que sustituír a fibra instalada.
Desde a operadora francesa anuncian que malia ter en marcha XG-PON xa se están preparando para a seguinte evolución sobre FTTH, chamada TWDM-PON (Time Wavelength Division Multiplexing – PON), aínda en fase beta e cuxas probas reais coemzarán en setembro, que teoricamente podería cuatruplicar de novo as velocidades de suba e baixada fronte a XG-PON.