Teaser do Samsung Gear S2, o novo reloxo intelixente de Samsung

Ao final do último Unpacked de Samsung, onde se presentou o Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge+, preanunciaron un novo lanzamento para o 3 de setembro en Berlín, coincidindo coa celebración do IFA de Berlín: trátase dun novo reloxo intelixente, o Samsung Gear S2.

samsung gear s2 teaser

No vídeo teaser lanzado hoxe, que abre este artigo, podemos ver algo máis de como será este reloxo, que destaca pola súa forma esférica (o primeiro de Samsung similar) e a ausencia de botóns, a lo menos visíbeis. Pero ademais, o Gear S2 vén cunha renovación de Tizen (o sistema operativo que a compañía surcoreana emprega nos seus wearables), con novas iconas e aplicacións adaptadas á nova forma.

Teremos que agardar ao 3 de setembro para coñecer todos os detalles deste reloxo, pero ter ten boa pinta, non credes?

Sobre o autor

Reply