As galegas somos as que máis datos móbiles consumimos da Península

habitos consumo masmovil 2015 - 2

A operadora Masmóvil vén de realizar un completo estudo de usos e hábitos do móbil, do que se desprende que no Estado español, no último ano, reduciuse un 10% o tráfico de voz (72 minutos / mes de media) ao tempo que aumentou un 21% o número de megas consumidos, pasando dos 527 MB de media a 636 MB. En canto as mensaxes SMS, a media está nas 9 mensaxes mensuais, un 18% menos, que se xustifica co éxito das aplicacións de mensaxería instantánea, como WhatsApp, Hangouts ou Telegram.

As galegas situámonos á cabeza do consumo de datos con 658 MB/mes por persoa de media, seguidos polas andaluzas (646 MB/mes); no extremo contrario, as extremeñas. Non ocorre o mesmo co consumo de voz, sendo as habitantes de Asturias, Murcia e Baleares as máis faladoras e as rioxanas e vascas as que menos empregan esta funcionalidade dos seus trebellos.

habitos consumo masmovil 2015 - 1

As diferenzas tamén son unha cuestión de sexos e idades:

  • En xeral, as mulleres falan máis, envían máis SMS e gastan menos MB de datos.
  • A franxa máis activa para chamadas de voz é a dos 25 – 35 anos (84 minutos / mes en media).
  • A franxa máis activa para uso de datos é a dos 20 – 25 anos (759 MB / mes en media).

Que pensades destes resultados? Reflexan os vosos hábitos de consumo?

Sobre o autor

Reply