O das aplicacións preinstaladas é un problema que ven de lonxe. Primeiro comezou nos PC’s e agora pasa nos smartphones. Tendo en conta que Google desenvolve o ecosistema máis completo do mercado, é de agardar que as súas apps estean presentes nos nosos smartphones, pero pensamos que nalgúns casos é excesivo.
É un problema importante nos terminais que van máis xustos de especificacións (potencia ou almacenamento) pois en moitas ocasións as apps preinstaladas (as de Google sumadas ás do fabricante) non se poden eliminar ocupando un espazo que a usuaria podería empregar para outra app que realmente sexa do seu interese.
Pois ben, unha cousa é o que vexamos nas capas de personalización dos fabricantes, que de seguro, seguirán bombardeándonos con apps preinstaladas, e outra é a nova que nos ocupa hoxe: Google xa non obrigará a incluir nin Google Play Juegos, Google Play Libros, Google+ ou GooglePlay Kiosko coma software preinstalado.
Na nosa opinión pensamos que as usuarias teñen que ser libres para elixir que aplicacións instalar ou non nos seus smartphones, e este é un pequeno paso para acadar esa liberdade que levamos tempo agardando.