LG estrea dous novos altofalantes portátiles: SoundPop 360 e LG Music Flow P5

lg sound pop - lg music flow

LG vén de dar a coñecer novos accesorios para dispositivos portátiles, os altofalantes LG SoundPop 360 e o LG Music Flow P5, que destacan polo seu coidado deseño e acabados en diversas cores. Ambos os dous serán amosados ao gran público na IFA de Berlín, onde seguramente tamén dirán que o prezo e data de comercialización.

lg sound pop - lg music flow -2

En certa maneira o SoundPop 360 lémbranos a un termo. Nada máis lonxe da realidade: a súa forma está pensada pra distribuír o son 360º arredor, e ten unha autonomía de 20 horas en reprodución.

lg sound pop - lg music flow - 3

Pola súa banda, o Music Flow P5 dispón de Auto Music Play, unha funcionalidade pola cal a música comeza a sonar cando altofalante e smartphone están en rango de alcance. Neste caso, a autonomía é de 15 horas.

Estes gadgets funcionan vencellados ao noso smartphone ou tablet mediante Bluetooth e dispoñen de diversas funcionalidades propieatarias de LG, como Multi Point (para conectar a varios trebellos Bluetooth a un tempo) ou Dual Play (para controlar  dous altofalantes desde a mesma fonte).

Que vos parecen?

Vía

Sobre o autor

Reply