Samsung patrocina La Liga na tempada 2015 – 2016

samsung la liga

Samsung vén de anunciar a firma dun acordo de patrocinio con La Liga para a tempada 2015 – 2016, que comeza hoxe cos primeiros partidos.

O papel de Samsung como patrocinador forma parte da aposta da compañía polo fomento do deporte como medio para contribuír ao progreso social e a mellora da calidade de vida das persoas en todo o mundo. Cabe lembrar toda a innovación feita neste sentido cos diversos wearables que presentaron nos últimos tempos e as aplicacións relacionadas coa saúde e benestar dispoñíbeis nos seus trebellos.

A Liga española ten unha audiencia de máis de 802 millóns de espectadores en 189 países. Cada tempada máis de 6,7 millóns de persoas acuden aos estadios de fútbol, malia que hai máis de 20 millóns de afeccionados en todo o estado, dos cales 5,6 millóns len semanalmente a prensa deportiva e 9,1 millóns escoitan a radio cada xornada.

Con este acordo de patrocinio difundirase a marca Samsung nas competicións e soporte de La Liga, incluíndo estadios de fútbol, soportes dixitais, redes sociais, aplicacións móbiles, eventos corporativos, retransmisións de televisión e streaming online a través de La Liga TV.

Sobre o autor

Reply