Mininovas Android: a malla da semana

Así será o Nexus 5

Nexus5 LG 01

Esta é a imaxe que se filtrou do que se supón que será o novo Nexus 5 que fabricará LG. Nestes días as filtracións son constantes e a este paso, non quedará nada por saber o día da presentación oficial. Sexa como fose, se cadra só foi unha primeira idea, e o modelo final non é exactamente igual ao que vemos na imaxe.

Os termiais modulares retrasados até 2016

project ara

Project Ara, que así se chama o proxecto estivo algo parado nos últimos tempos, pero recentemente tivemos novas sobre el. Esas novidades non foron do agrado dos máis geeks, pois a chegada deste tipo de terminais estaba prevista para finais deste ano. Agora sabemos que teremos que seguir agardando un pouco máis, até ben entrado o 2016.

Teremos que ter paciencia, porque o proxecto está chamado a mudar dun xeito radical o proceso de fabricacións dos terminais o que resulta moi interesante: imaxinades non desfacervos do vos terminal se non cambiar só o procesdor porque se vos quedou xusto de potencia? Isto é Project Ara!

Como mercar o OnePlus 2 sen convite

one plus two - 2

Temos claro que dende fai dous anos, un dos terminais ao que lle debemos prestar a nosa atención é o OnePlus, pero co seu sistema de distribución non é doado conseguir unha unidade. Por iso, esta semana comezaron a aparecer tendas online que distribúen unidades sen precisar convite. Estos son algúns exemplos:

  • GeekVida: OnePlus 2 16GB, para recibir dende o 28 de agosto e ademáis posúen almacen en España.
  • Coolicool: polo de agora só dispoñíbel dende a China, malia ter almacen en España.
  • Oppomart: envíado dende a China.
  • GearBeast: envío dende a China.

Xa funciona a opción de copia de seguidade de Whatsapp en Drive

whatsapp llamadas

A versión 2.14.241 que podedes descargar dende a web de Whatsapp é a que conta con esta novidade da que xa falabamos fai tempo, pero funcionaba tan mal que tiveron que desactivala e seguir traballando nela.

Agardamos que desta volta xa funcione como agardamos todos, pois é unha función interesante tanto para facer copias de seguridade tradicionais coma para as que mudamos con frecuencia de smartphone.

Tede en conta unha cousa, o arquivo que se crea en Drive está oculto e só acesíbel para Whatsapp.

Angry Birds chega aos 30 millóns de descargas en dúas semanas

angry birds 2

Esta impresionante cifra ven de acadarse estes días logo de levar tan só 15 días dispoñíble para a descarga a segunda parte do coñecidísimo xogo de Rovio, o Angry Birds 2. Sen dúbida, unha boa cifra que demostra a gran acollida que ten este xogo entre as usuarias.

Se queredes descargar o Angry Birds 2, nesta ligazón podedes facela de balde.

Orange pechou a adquisición de Jazztel

orange

O martes pasado foi a data na que rematou a operación de compra sobre Jazztel, que pasa a ser propiedade de Orange ao 100%. Con este movemento vemos como seguen dándose pasas para a concentración do mercado, reducir a competencia por parte dos grandes operadores. En definitiva, unha mala nova para as comsumidoras que vemos como se reduce a oferta.

Sobre o autor

Reply