LG anuncia nova tablet, a LG G Pad II 10.1

LG G Pad II 10.1 - 2

Co IFA 2015 a piques de comezar, os principais fabricantes ultiman sorpresas e anuncios para o último trimestre do ano, aínda que algún, como LG, non puido resistir a tentación de adiantarse e contar unha boa parte do que ten pensado presentar.

Deste modo sabemos que LG anunciará unha nova tablet de 10 polgadas, a LG G Pad II 10.1, cunha pantalla de 10.1 polgadas e resolución 1920 x 1200 píxeles. No interior integra un procesador Snapdragon 800, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, dobre cámara (5 e 2 megapíxeles) e batería de 7400 mAh. Porase á venda con Android 5.1.1 Lollipop.

LG G Pad II 10.1 - 1

Estará dispoñíbel en dúas versións, unha con WiFi e outra con WiFi + LTE, e aínda que non sabemos os seus prezos si que podemos confirmar que chegará a Europa, ao contrario que o modelo de 8 polgadas da G Pad II, que só está dispoñíbel en Asia.

Sobre o autor

Reply