No Aeroporto JFK usan os móbiles das viaxeiras para calcular o tempo de espera nas colas

tempo espera mobil

Non somos quen de imaxinar cantas cousas fan cos nosos móbiles sen que nos deamos conta, e unha boa mostra dilo é o novo sistema que están usando no newyorkino aeroporto JFK para calcular os tempos de espera que as viaxeiras teñen que agardar nas colas.

A aplicación consta de toda unha serie de sensores que detectan o sinal WiFi ou Bluetooth dos smartphones da xente, rexistrando o enderezo MAC e tomando nota do momento no que unha persona fica queda. Ao moverse e entrar na zona de cobertura dun novo sensor, vólvese rexistrar a MAC, e así sucesivamente.

Coas diferenzas temporais entre as medicións realizadas, e sabendo o espazo que percorren as viaxeiras entre os diferentes sensores, pódese facer un cáculo da estimación de tempo que terán que agardar, amosando esta información nas pantallas do aeroporto.

Se ben isto non axiliza o proceso de embarque, axuda a termos unha estimación do tempo que teremos que agardar para que non desesperemos. Bastante útil, non credes?

Vía

Sobre o autor

Reply