Desde hai uns días sabemos que o popular fabricante de reloxos Fossil ten un reloxo intelixente con Android Wear, logo de telo amosado no Intel Developer Conference, onde se nos informou de que monta a plataforma de Google, Android Wear, e indicou que traballa en tres dispositivos que se estima que verán a luz para a campaña de Nadal.
Concretamente, os trebellos que agardamos ver para decembro son dous reloxos e unha pulseira intelixente que pode medir a nosa actividade física diaria.
Até o de agora non se coñecen as súas especificacións mais, polas imaxes que se puideron obter durante a Intel Developer Conference, podemos ver que un dos novos reloxos intelixentes de Fossil ten unha gran semellanza co Moto 360, cun marco moi fino e correas de 22 milímetros.
Aínda que falando de electrónica os nomes que nos veñen a cabeza son sempre os das grandes compañías do sector, como poden ser LG, Samsung ou Motorola (que certamente foron os impulsores de Android Wear), a día de hoxe non nos deben sorprender que os fabricantes tradicionais de reloxos den o seu salto a este mercado, vendo as facilidades que Intel ou Google están poñendo nilo. Fossil non é o primeiro caso, pois en camiño tamén están os reloxos Android Wear de Tag Heuer ou Casio.