Pecha Wuala e recomenda Tresorit

O servizo de almacenamento na nube Wuala ven de anunciar o seu peche. Aínda así as usuarias deste servizo, teñen até o día 15 de novembro para rescatar os seus arquivos (no caso de ser a única copia que conservan) pois nesa data a empresa anuncia que borarrá todos os datos almacenados.

Tresorit

Pola súa banda a empresa, como recoñecemento ao traballo da competencia, recomenda aos que foron os seus clientes que se queren manter os seus arquivos seguros, comecen a subilos a Tresorit, unha empresa con sede en Suíza, que entre outras cousas ofrece:

  • 1 TB de almacenamento cifrado.
  • Cifrado das comunicación extremo a extremo.
  • Soporte para autenticación de 2 pasos.
  • Envío de ficheiros con contrasinal.
  • Sincronización de ata 10 dispositivos, puidendo ser PC (Windows ou Linux), Mac ou dispositivos móbiles, tablets ou smartphones soportando os catros sistemas operativos máis espallados no mercado actualmente: Android, iOS, WindowsPhone e Blackberry.
  • Eliminación remota de datos en dispositivos móbiles.

Malia o peche de Wuala, por sorte aínda quedan outros servizos coma Tresorit que nos ofrecen un extra de seguridade, pois son moitos os profesionais que empregan a nube no seu día a día.

vía

Sobre o autor

Reply